espeleoclub's profileEspeleoclube Rei CintoloPhotosBlogLists Tools Help
September 27

Rio Tronceda

  topografia rio Tronceda


 

 

August 22

Dosier

19 º Campamento Galego de descenso de Barrancos   2008 Mondoñedo

 

 

AUGALVA        

BOIBAL

CANCELAS

FIGUEIRAS

GUILIFONSO

LERIAS

MURAS

 

 

 

SALTO DA ONZA( NOVO BARRANCO)

 

 

TRONCEDA

 

 

      

AUGALVA

 

    Sen lugar a dúbidas o máis longo, técnico e vertical dos ríos da zona. Presenta un descenso completo en canto a traballo e lonxitude, con todo tipo de alicientes de interese para gozar del. Ideal nos meses de marzo e abril, en Xuño Xullo e Agosto con auga escasa.

 

Emprazamento do coche na saída do río.

 

    Desde o campo de Fúbol de Mondoñedo (tomado como km 0) collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (LU-160). Tras percorrer 2 km, pasando polo centro do barrio de San Lázaro e deixando á marxe dereita o barrio do Coto da Recadieira, torcemos á esquerda pasando pola ponte que salva o río Tronceda en dirección ao barrio da Ferrería, sen coller ningún desvío ata chegar ao barrio (como referencia: deixamos dúas pontes que salvan un río que nos queda a man dereita). Nas proximidades do barrio, antes de entrar no núcleo de casas, deixamos o primeiro vehículo onde non moleste, porque estamos na saída do barranco (tanto do Augalva como do Figueiras, xa que este barrio é o referente das saídas nesta zona).

 

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

 

    Para dirixírmonos ao punto de partida, volvemos cara a Mondoñedo e, antes de entrar no barrio de San Lázaro e pasar a ponte que salva o río da Chanta (onde podemos ver o indicador de “Mondoñedo”), collemos á dereita pola pista asfaltada que nos conduce ao Matadeiro comarcal e ao barrio de Seivane. Rematado o final, moi pendente, da pista, collemos á dereita e, logo duns poucos metros, a primeira á esquerda en dirección á Canle do Tronceda. Seguindo esta pista asfaltada chegamos a unha ponte que salva o río Tronceda. No indicador do poboación TRONCEDA xiramos á dereita pola pista asfaltada. Aos 20 m, na seguinte encrucillada, de novo á dereita. Logo de pasar varias curvas, pasamos por unha ponte sobre un regato e á esquerda dun establo. Cando remata a pista asfaltada, continuamos sobre a mesma pista en  zahorra natural durante 5 km ata a entrada do río. Na metade do camiño atopámonos cunha encrucillada onde debemos de coller á esquerda para subir ao Monte Agudo (debido aos desperfectos da pista só se pode seguir desde aquí cun todoterreo; polo que se levamos coche, temos que deixalo, na curva do cumel estará sinalizada). Desde aquí baixamos pola pista ata o río,. Seguiremos por un camiño pola marxe dereita do río ata ver un espiño na beira do camiño. Desde alí baixamos dereitos cara ao río. Polo camiño atopamos outro espiño (o 2º) que nos leva directamente ao salto inicial. Continuamos pola marxe esquerda do río ata que o cauce se cerra e entramos na zona de rápeles.

 

Descenso.

 

    O río é progresivo no seu percorrido, cunha zona inicial de saltos e destrepes, que se poden evitar se se circula polo monte. Un salto de 2 m no inicio e rápeles de menos a máis ata un total de 16, evitables seis dos mesmos coa rocha seca e caudal baixo. É o descenso REI da zona pola súa lonxitude e pola abundante cantidade de resaltes, que se deben rapelar e destrepar nalgún caso.

    Presenta un nivel baixo de auga no verán, pero de grande espectacularidade e cun nivel técnico alto e auga abundante nos meses iniciais do ano. Atentos na reunión do rápel fraccionado previo á marmita (non acumular un grupo numeroso de xente). Vixiar a recuperación da corda nos rápeles que superan os 20 m. No derradeiro rápel, escapes a man esquerda, por montes talados. No final dos montes talados, pegados ao río, encóntrase o salto final de 5 m como colofón do río. Débense ter claras as técnicas de salto e recuperación, algo esvaradizo na saída do salto.

 

Material.

·         Neopreno completo/ dúas cordas de 35 m/ arnés / bagas de anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con anclaxes químicos, spits e parabolts con Fixe2.

 

Tempo.

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 25 min.

§         Entrada no río 10 min.

§         Descenso 4/6 horas, segundo o grupo.

§         Escape final 20 min.

 

Necesítanse dous vehículos obligatoriamente.

 

 

 

 

 

BOIBAL

 

  Espléndido descenso da zona do Cadramón. Pola fermosura e intensidade debe realizarse sen dubidar: curto, con auga todo o ano e de entorno interesante..

                                                                                                                      

 

Emprazamento do vehículo no lugar de saída.

 

    Dende Mondoñedo (tomado como km 0), collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (Lugo-160). Tras percorrer 17 km, chegamos ao primeiro semáforo do Concello de Alfoz (A Seara). Unha vez alí, torcemos a man esquerda pola estrada que vai dirección A Lagoa. Veremos no recorrido  á nosa dereita a Casa do Concello, o Colexio Público e o Campo de Fútbol. Seguimos por esta estrada ata chegar a unha encrucillada, onde temos que coller a man dereita pola estrada que vai ao Pereiro (e deixando á esquerda a estrada que vai ás Oiras). Neste punto levamos percorridos 21 km, válidos tamén para os ríos Cancelas e Guilifonso.

    Pasando a ponte do río, collemos as seguintes encrucilladas á dereita. Deixando a estrada que conduce ao Pereiro e, a 100 m, seguimos por unha estrada serpenteante ata pasar polo lado dunha igrexa. Na encrucillada seguinte, a man esquerda, collemos dirección ao Cadramón.

    Tras pasar o barrio de Frexulfe (referencia casa laranxa), collemos por unha pista asfaltada a man esquerda, a cal nos leva ao pequeno barrio de Balsa. É a derradeira pista asfaltada antes de chegarmos ás casas do Cadramón (como referencia temos un espello ovalado) se imos dende Ferreira do Valadouro, dirección ao Cadramón. Alí temos que deixar o coche, ao lado dunha capela en ruínas que hai no barrio, nada máis baixar a pendente á dereita, segundo se ven as casas. Deixar o coche no cerrado da capela para que non moleste. Desde alí xa se sente o descorrer do río Ouro.

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

   

    Co segundo vehículo continuamos dirección ao Cadramón. Pasada a taberna, a man esquerda, collemos dirección ao Pereiro e, a poucos metros pola pista asfaltada, atopamos o barrio de As Rozadas, de extraordinaria beleza, con construcións de granito e bosque autóctono. Unha vez alí, estamos a cinco minutos da entrada do río. Por entre as casas, andando o camiño que baixa xa se pode escoitar o ruxir do río. Abandonamos o camiño e baixamos pola leira de eucaliptos directos ao río.

   

Descenso.

   Iníciase con dous rapeles cortos  e inmediatos, tras estos un de 16 mts e a gorxa, que se pode rapelar en seco e baixar pola marxe dereita, ou ir pola mesma gorxa(recomendable) ata a cadea que te deixa na cabeceira do seguinte rapel. Tras este o do circo, tres rapeles continuos moi fermosos e de auga abundante.O escape e visible, localizada unha presa por sendeiros pola marxe dereita do rio, e cruzar este por un camiño cara o barrio de Balsa.

 Material:

·         neopreno completo/ 2 cordas de 30 m/ arnés / bagas anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con anclaxes químicos, e parabots con Fixe2.

Tempo:

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 35 min. Entrada rio 5 min.

§         Descenso 2 horas.

§         Escape final 15 min.

Necesitanse dous vehículos.

 

 

 

 

 

 

CANCELAS

       Rio largo bastante horizontal pero de dificultade baixa, algo sucio polas vivendas da sua cabeceira, ideal para iniciarse, que para reducir camiñata pode realizarse solo o sector inferior, da estrada que o cruza cara abaixo. A realizar sen dúbida nos meses de abril-maio con moita auga e sen perigos.

    Dende Mondoñedo (tomado como km 0), collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (Lugo-160). Tras percorrer 17 km, chegamos ao primeiro semáforo do Concello de Alfoz (A Seara). Unha vez alí, torcemos a man dereita pola estrada que sobe dirección A Lagoa. Veremos no recorrido  á nosa dereita a Casa do Concello, o Colexio Público e o Campo de Fútbol. Seguimos por esta estrada ata chegar a unha encrucillada, onde temos que coller a man dereita pola estrada que vai ao Pereiro (e deixando á esquerda a estrada que vai ás Oiras). Neste punto levamos percorridos 21 km, válidos tamén para os ríos Cancelas e Guilifonso.

    Pasando a ponte do río, collemos as seguintes encrucilladas á dereita. Deixando a estrada que conduce ao Pereiro e, a 100 m, seguimos por unha estrada serpenteante ata pasar polo lado dunha igrexa. Na encrucillada seguinte, a man esquerda, collemos dirección ao Cadramón.

    Transcorridos 4 km, a man esquerda, vemos unha casa laranxa, onde podemos aparcar o primeiro vehículo, xa que aí temos o escape do río.

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

 

    Co segundo vehículo continuamos dirección ao  Cadramón. Cruzamos a ponte que salva o río Lerias e, máis adiante, outra ponte con varanda metálica sobre o río Cancelas (o que imos descender). Poucos metros máis arriba, a man ezquerda, deixaremos a entrada ao barrio de Balsa (o escape do Boibal) e seguimo ata a próxima pista asfaltada que atopamos a man dereita (moi pendente), pola que logo de percorrer 1 km 700 m podemos ver os muíños do parque eólico. Antes de abandonarmos o asfalto e pasar á pista de terra, a man dereita hai un desvío asfaltado que nos leva ao barrio de Cancelas. Existe un peche de cancela de ferro, aí quedará o segundo coche, onde non moleste, e listos para iniciar a aproximación a pé  descenso do río, que se avista desde o barrio.

 

Descenso.

   Un tanto Largo si se fai enteiro. Iiníciase cun salto e varios destrepes e logo pequenos rápeles (algún deles evitable). Fácil recuperación das cordas. O río encaixona ata a zona escura, algo esvaradizo,con pateos intermedios largos previos á estrada que pasa por enriba. Aquí remata o sector Superior e inicise o Inferior. A partir de aí rápeles doados, e  continuos, pouco espaciados, e todos con auga. Asoma polo lateral esquerdo despois do derradeiro o río Lerias no tramo inferior. Un salto máis  e xa atopamos o escape saindo en pendiente pola marxe esquerda saindo en pendente por uns bloques desprendidos.

Retorno.

    Collemos antes da desembocadura do río á esquerda, subimos polo terraplén ata o camiño forestal e, á esquerda, seguimos un camiño en zig-zag ata chegar ao barrio de Freixido e avistar a casa laranxa.

 

Material.

·         Neopreno completo/ dúas cordas de 30 m/ arnés / bagas de anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con parabolts e anclaxes químicos

Tempo.

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 35 min.

§         Acceso 20 min.

§         Descenso 4/5 horas.

§         Escape final 20 min.

 

Necesitanse dous vehículos obrigatoriamente.

  

Dosier 2

 

FIGUEIRAS

Barranco seco,en 2/3 do rio pero necesario neopreno en parte final.

 

Emprazamento do coche na saída do río.

 

    Dende Mondoñedo (tomado como km 0) collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (LU-160). Tras percorrer 2 km, pasando polo centro do barrio de San Lázaro e deixando á marxe dereita o barrio do Coto da Recadieira, torcemos á esquerda pasando pola ponte que salva o río Tronceda en dirección ao barrio da Ferrería, sen coller ningún desvío ata chegar ao barrio (como referencia: deixamos dúas pontes que salvan un río que nos queda a man dereita). Nas proximidades do barrio, antes de entrar no núcleo de casas, deixamos o primeiro vehículo onde non moleste, porque estamos na saída do barranco (tanto do Augalva como do Figueiras, xa que este barrio é o referente das saídas nesta zona).

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

 

    Para dirixírmonos ao punto de partida, damos a volta e a 400 m collemos unha pista á esquerda, pasando sobre o río. Máis adiante, a uns 500 m, no barrio do Casal pasaremos por debaixo dun cabozo, un paso estreito que nos comunica coa estrada nunha horquilla a man esquerda. Seguiremos para arriba. Na estrada para subir á parroquia de Figueiras (a 5 km), pasadas unhas curvas cerradas e iniciando un tramo recto, podemos observar a man esquerda leiras taladas que deixan ver o cauce do canón. Logo encontrarás a man dereita unha caseta branca (depósito de auga). A 200 m, pasada unha curva a man dereita, apaarca o coche na pista forestal. Na mesma curva está a entrada ao cauce seco do río Figueiras.

 

Descenso

 

Continuo, por seco. Con rápeles sinxelos ata que o río sae á superficie nun salto de 25 m, un rapel no que te mollas nunha poza fría (reparadora de tódalas calores que infrinxe o neopreno). A continuación descorre o río por múltiples resaltes, tobogáns e destrepes, ata zona do areal. Saíndo polo monte cortado a man dereita imos dar á pista e ao barrio da Ferrería.

 

 

Material.

·         Neopreno completo/ dúas cordas de 25mts arnés / bagas de anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con anclaxes químicos, spits e parabolts con Fixe2.

 

Tempo.

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 25 min.

§         Entrada no río 1 min.

§         Descenso 3horas.

§         Escape final 25mn.

 

Necesítanse dous vehículos obrigatoriamente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GUILIFONSO.

 

 

 Fermoso, curioso e técnico barranco que inicia o Río Ouro e que divide nese tramo os Concellos de Ferreira e de Alfoz, concretamente as parroquias de O Cadramón e O Pereiro.

Emprazamento do vehículo no lugar de saída.

 

    Dende Mondoñedo (tomado como km 0), collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (Lugo-160). Tras percorrer 17 km, chegamos ao primeiro semáforo do Concello de Alfoz (A Seara). Unha vez alí, torcemos a man dereita pola estrada que sobe dirección A Lagoa. . Veremos no recorrido  á nosa dereita a Casa do Concello, o Colexio Público e o Campo de Fútbol. Seguimos por esta estrada ata chegar a unha encrucillada, onde temos que coller a man dereita pola estrada que vai ao Pereiro (e deixando á esquerda a estrada que vai ás Oiras). Neste punto levamos percorridos 21 km, válidos tamén para os ríos Cancelas, Boibal, Lerias e  Guilifonso.

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

    Para irmos á entrada do río volvemos por onde viñemos ata pasar por diante da taberna e retomamos a estrada cara a Guilifonso, á dereita, ata chegarmos a una chaira por onde cruza o río (dende aí é moi visible). As catro casa que ten a Guilifonso están a 500 m estrada arriba se te pasas debes dar a volta. Deixamos o coche onde non moleste porque xa chegamos ao punto de partida do descenso.

 

Descenso.

    Iníciase con varios destrepes durante 20 minutos. Pódese evitar todo este tramo sen interese relevante por un camiño pola súa banda esquerda ata chegar á entrada do muíño, faceilmente recoñecible polo sendeiro limpo que baixa a el. Despois dun destrepe de 6 m e algún tobogán, atopámonos con sete rápeles, o derradeiro evitable. Atención á recuperación das cordas nos rápeles longos: a maioría son gorxas e rampas.

    Barranco moi encaixonado no inicio dos rápeles e aberto no seu intemedio, de gran beleza con pozas saltables no fin dos rapesls.. Logo empeza a encherse de vexetación na parte baixa do río. Aproveitar pequenos tobogáns nas nas marmitas e repetir no derradeiro salto. Con caudal alto usar pasamáns central; se ben no verán non é necesario. Múltiples escapes. Terminado o salto, camiñar 20 min. e  saír pola marxe dereita do río (preferentemente ruta usada polos pescadores). Esvaradizo na súa parte final. Saír na ponte da estrada polo lateral dereito.

Material.

·         Neopreno completo/ dúas cordas de 40 m/ arnés / bagas de anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con dobres parabolts e dobres anclaxes químicos.

 

Tempo.

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 35 min.

§         Entrada no río 5-15 min.

§         Descenso 3 horas.

§         Escape final 2 min.

Necesítanse dous vehículos.

 

 

 

 

 

LERIAS (rego da fraga das Lerias)

       Rio largo de entorno fermoso, dos que xa quedan poucos o ir enterrado dentro de unha fraga autoctona de dificultade baixa, de moita beleza paisaxistica, con baixadas curtas e doadas con auga diversos saltos revisar todos menos o da “V”, de accesos sinxelos e escapes multiples. 3 horas de rio.

    Dende Mondoñedo (tomado como km 0), collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (Lugo-160). Tras percorrer 17 km, chegamos ao primeiro semáforo do Concello de Alfoz (A Seara). Unha vez alí, torcemos a man dereita pola estrada que sobe dirección A Lagoa. . Veremos no recorrido  á nosa dereita a Casa do Concello, o Colexio Público e o Campo de Fútbol. Seguimos por esta estrada ata chegar a unha encrucillada, onde temos que coller a man dereita pola estrada que vai ao Pereiro (e deixando á esquerda a estrada que vai ás Oiras). Neste punto levamos percorridos 21 km, válidos tamén para os ríos Cancelas e Guilifonso.

    Pasando a ponte do río, collemos as seguinte encrucilladas á dereita, deixando a estrada que conduce ao Pereiro e, a 100 m, xiramos a esquerda, e seguimos por unha estrada serpenteante ata pasar polo lado dunha igrexa. Na encrucillada seguinte, a man esquerda, collemos dirección ao Cadramón.

    Transcorridos 4 km, a man esquerda, vemos unha casa laranxa, continuamos ata cruzar a primeira ponte, ahí deixar o vehículo, xa que aí temos o escape do río xusto na ponte que pasa por derriba del.

 

Entrada no río.

 

    Co segundo vehículo volvemos por donde viñamos ata divisar a casa entrada a casa laranxa e tomamos a pista asfaltada a man esquerda, pendente no seu inicio, pero suaviza posteriomente, no primeiro cruze moi cerrado a esquerda de novo, por encima de un paso canadiense e sen desviarse continuar ata o parque eólico durante 2 km xa divisaremos polo lateral esquerdo a Fraga e na curva mais cerrada a man dereita, no aparcamento deixamos o segundo coche divisando o monte raso e  a fraga. Para entrar no rio baixar a fraga diagonalmente, cara o seu principio, sen baixar directamente o cauce. A entrada de referencia e o afluinte que baixa por esa ladeira, chegando o afluinte  continuamos o seu cauce e baixamos ata o rio.

 

Descenso.

Rapeles sinxelos con algun salto  no primeiro tramo con unha pequena camiñata intermedia, de fácil recuperación das cordas. Pasado o 4 rapel temos outra camiñata  de 20 min ata cruzar un camiño, e uns prados a nivel do rio. Iniciamos o sector final do rio con rapeles continuos e xa un cambio de vexetación. Todolos saltos son realizables pero deben revisarse e saltar encollidos, non son de moita profundidade excepto a “V”. revisar profundidade, casi todos so teñen un punto de recepción.

 

Retorno.

    Divisada a ponte da estrada sair por lateral esquerdo.

Material.

·         Neopreno completo/ dúas cordas de 30 m/ arnés / bagas de anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con parabolts .

Tempo.

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 35 min.

§         Descenso 3/4 horas.

§         Acceso 15 min.

§         Escape- inmediato.

 

Necesitanse dous vehículos

Dosier 3

MURAS

 

    Barranco que se inicia no Concello de Abadín, no lugar coñecido como A Xesta e que desemboca no río Valiñadares, que cruza Mondoñedo. Río sobre roca esquistosa, de abundante vexetación e con rápeles sinxelos, pero de gran vistosidade. Ideal para iniciarse nos descensos da zona. Este río pode realizarse en calquera época do ano, descoñecido en inverno pola limpeza á que a auga somete a vexetación.

 

Emprazamento do coche na saída do río.

 

    Dende Mondoñedo collemos dirección Lugo (N-634). Uns 500 m despois do pk-600, viramos á esquerda, pola estrada secundaria dirección A Lagoa ou Cadavedo (antes de chegar ás casas da Xesta). Pasaremos pola capela do San Cosme de Galgao e, a 1 km e 200 m percorridos pola estrada asfaltada, de novo á esquerda, tomamos a pista de zahorra natural ata encontrármonos co Rego de Muras, punto de partida do descenso.

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

 

    Continuar pola pista para deixar o primeiro vehículo no escape do río, que se sitúa na curva anterior á chegada ao barrio de Samordas, que son as casas que se atopan no final da pista. Nese mesmo punto atópanse 200 m monte abaixo a Cova dos Santos. Abandonar un vehículo e retornar  noutro vehículo pola pista de zahorra ata a entrada ao río.

 

Descenso.

   Iníciase con dous destrepes e logo pequenos rápeles (algún deles evitable). Fácil recuperación das cordas; pero coidar a recuperación no derradeiro rápel do río, pois a anclaxe é natural. Barranco con moita vexetación e rápeles sinxelos, sen saltos e con destrepes para probar a habilidade neste deporte. Precaución nos contuniados tobogáns no tramo intermedio. Coidado no derradeiro, xa que se sae directamente a rápel con caudal alto. Sen escapes en canto se pasa un terzo do río.

 

Retorno.

    Collemos a man dereita sobre unha ponte de pizarra, que a chea de febreiro derrubou e continuamos por un sendeiro, pendente no tramo inicial e chan no tramo final. Non saír do sendeiro ata chegar á pista. Podemos gozar da marabillosa paisaxe do val de Valiñadares.

 

Material:

·         neopreno completo/ 2 cordas de 35 m/ arnés / bagas anclaxe/ descendedor.

·         Descenso equipado con anclaxes químicos, mixtos de parabolts, e algún que outro spit.

Tempo:

§         Aproximación desde Mondoñedo en coche 20 min.

§         Descenso 2 horas.

§         Escape final 20-25 min.

    Necesarios dous vehículos ou realizar unha pateada de 45 min.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRONCEDA

A realizar sen dúbida, de gran beleza e sencillez.

 

Emprazamento do coche na saída do río.

 

    Dende Mondoñedo (tomado como km 0) collemos dirección Alfoz/Ferreira/Viveiro (LU-160). Tras percorrer 2 km, pasando polo centro do barrio de San Lázaro e deixando á marxe dereita o barrio do Coto da Recadieira, torcemos á esquerda pasando pola ponte que salva o río Tronceda en dirección á Piscina fluvial ou A Fervenza (xusto despois de pasar a ponte á esquerda) ata rematar a pista asfaltada, onde xa podemos ver a piscina. Alí deixaremos o primeiro vehículo.

 

Entrada no río e emprazamento do vehículo.

 

Para dirixírmonos ao punto de partida, volvemos cara a Mondoñedo e, antes de entrar no barrio de San Lázaro e pasar a ponte que salva o río da Chanta (onde podemos ver o indicador de “Mondoñedo”), collemos á dereita pola pista asfaltada que nos conduce ao Matadeiro comarcal e ao barrio de Seivane. Rematado o final, moi pendente, da pista, collemos á dereita e, logo duns poucos metros, a primeira á esquerda en dirección á Canle do Tronceda, que se atopa 4 km máis arriba. Nese punto podemos aparcar o segundo coche e camiñar pola beira da canle ata chegar á presa (20 minutos de percorrido). Alí comeza o descenso do Tronceda.

Outra opción para comezar o descenso é continuar subindo pola estrada ata que comeza a cambiar a sua pendente. Tomamos  a primeira pista a dereita (recén feita) que nos leva á minicentral, onde podemos deixar o segundo coche e iniciar o descenso do río, pasando pola parte de atrás da minicentral.

 

 

 

Descenso

 

Os saltos durante o descenso son abundantes. De feito iníciase o río cun de 3m. Atención aos fondos: saltar sempre sobre o punto escuro, pois é a forma de asegurar que non tocamos fondo. Numerosos resaltes e tobogáns, así como grandes caos para atravesar. Non existe ningún rápel no río, pero aconséllase levar un pequeno cordino de apoio. Algún paso complexo na gorxa, pero de grande entretemento de seu. Para os pasos complicados sempre existe unha alternativa sinxela. Gran salto do ovo na fin do percorrido e varios mais dende diferentes puntos. Vixiar sempre as saídas dos saltos con cuidado. Existe unha opción de escape para evitar un tramo de 30 minutos finais (que carece de importancia) pola parte esquerda do río ao seu paso pola minicentral segunda, en plena curva do río e baixo da línea eléctrica ata a pista asfaltada. En breve aparece a área recreativa.

 

Material.

·         Neopreno completo/ un pequeno cordino

·         Descenso equipado con anclaxes químicos en gorxas e destrepes complexos.

 

Tempo.

§         Aproximación dende a Canle de Tronceda 25 ou 5 minutos, segundo a opción. A pe ou en coche.

§         Descenso 4/5 horas.

§         Escape final 2 min.

                    Necesarios dous vehículo 

 

espeleoclub reicintolo

Occupation
Location

Espeleoclube Rei Cintolo

Espeleoloxia, barranquismo, escalada e senderismo
No list items have been added yet.